domingo, 10 de junio de 2012

San Xoan e fin de festa.

A piques de rematar este curso tan longo e productivo voltamos de novo a ollar cara a nosa contorna máis familiar.
Xa comeza a cheirar a cachelas, fogueiras,lumeiradas, cacharelas,...porque o San Xoán estase achegando.
e no CRA non queriamos esquecer esta festa tan nosa, tan divertida pero tamén perigosa.

O primeiro para unha noite de San Xoán boa e unha mañá mellor e que todos podemos facer é recoller as sete herbas miragreiras para poñer ao orballo da noite.
No CRA escollemos sete das que podedes coller sin perigo, xa que non son belenosas.
Vede aquí cales son:






Na próxima entrada falaremos das fogueiras , e dos saltos, das sardiñas e do pan, pero mentres ide buscando preto da casa as vosas herbas de San Xoán...e practicando este refrán:



POLO SAN XOÁN
XA A SARDIÑA 
MOLLA O PAN.

Tamén podedes facer o puzzle das herbas, así as aprenderedes máis axiña...Só premede na imaxe.




¡¡¡En breve haberá máis recursos para xogar e aprender desta celebración!!!